venres, 30 de abril de 2021

Xardineiros e xardineiras

Despois de facer a sementeira, tocou transplantar todo o que foi nacendo.... Pirixel, cabazas, xirasoles... Ademais, tamén sementamos espinacas e chícharos... 

A ver se temos unha boa colleita!



mércores, 28 de abril de 2021

Día do libro

Este ano para celebrar o día do libro comezamos facendo un apadriñamento lector cos nenos e nenas máis pequenos e, posteriormente, participamos nunha búsqueda do tesouro por todo o colexio!!


Día do libro 2021

 

venres, 23 de abril de 2021

Aprendemos o que é a PALEOGRAFÍA

A pasada semana recibimos a visita de varios profesionais do Arquivo Histórico Provincial quenes nos trouxeron unha actividade moi divertida e interesante. Coñecimos os diferentes tipos de escritura que había na antigüidade por medio do teatro e mediante un taller de escritura medieval con plumas.

Ademáis, saímos no xornal (pincha para acceder)


Paleografía

xoves, 22 de abril de 2021

Tulipáns coa técnica do CUPROCKING!!

Mirade como o alumnado do centro traballou arreo para decorar as alambradas do colexio e volvelas máis coloridas con estes fantásticos tulipáns mediante a técnica do CUPROCKING!! Esta modalidade de arte consiste na reutilización de materiais de refugallo para decorar espazos ó aire libre.


 

martes, 20 de abril de 2021

Renovación do circuito de educación viaria

Como dixemos fai uns días, AVECÍÑANSE CAMBIOS NO COLEXIO! Un dos primeiros que vos podemos presentar é a RENOVACIÓN DO CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIARIA que temos no exterior das nosas instalacións! Botádelle un ollo!


Renovación circuito de educación viaria

luns, 12 de abril de 2021

Familia de parrulos

Que sorte temos de estar nun cole do rural!! Pois a semana pasada tivemos unha visita moi especial!!

Unha familia de parrulos!! Unha mamá pato cos seus 13 patiños!!

E é que somos uns privilexiados de poder disfrutar e aprender do medio que nos rodea, respectándoo e concienciándonos da importancia do seu coidado.

Mirade que bonitiños!!


Familia de patiños