sábado, 29 de maio de 2021

Charla sobre o mel

Esta semana tivemos unha charla moi interesante sobre como se elabora o mel e todos os pasos que seguen as nosas amigas as abellas para obter este rico manxar.

domingo, 23 de maio de 2021

Excursión a Allariz

Despois de moito tempo sen poder disfrutar de ningunha saída, por fin chegou o día!! Visitamos o Ecoespazo O Rexo e Centro Medioambiental situado en Allariz. E posteriormente, visitamos os restos arqueolóxicos do Castro de Armea e a Cripta subterránea e Forno da Santa. Un lugar máxico!!!